O Club Kayak Tudense celebra os seus 35 anos

Club Kayak Tudense
Foi o 29 de decembro de 1979 cando se asinou a acta de constitución e iniciou a súa andaina o Club Kayak Tudense. Polo tanto, cúmprense 35 anos dunha singladura marcada polo seu crecemento constante e tamén pola consolidación dun proxecto deportivo que quere manterse nesa senda a pesar das dificultades económicas. A medalla lograda por Enrique Míguez nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles en 1984 foi un dos seus momentos máis importantes. Hoxe en día aspira a ter outros padexeiros nos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro o próximo ano.
“Foron uns inicios difíciles, complicados,”. É a frase que pronuncian Enrique Míguez e José Luis García, o seu actual presidente. Ambos os dous asistiron á súa fundación. Os dous recordan que o club naceu tras separarse un grupo de deportistas do Club Náutico San Telmo. O dirixente desvela que “eramos moi poucos, pero cunha ilusión enorme. Era outra época e os problemas moitos. Pero ninguén nos podía quitar as ganas”.
O novo club contaba ao seu favor co río Miño, un escenario ideal para o piragüismo. Pero a carencia de infraestruturas de apoio supoñía un esforzo extraordinario. Xullo Piña ofreceu a súa colaboración. Deixoulles un local para gardar as embarcacións. Enrique Míguez desvela que nos axudou moito durante os primeiros anos. Sen dúbida. O problema era que o local estaba situado a un quilómetro do río. É dicir, tiñamos que levar os barcos ao ombro ida e volta. Pero faciámolo. Era como un adestramento extra”.
O Kayak Tudense tratou de crecer como podía. Impulsou a canteira e pouco a pouco se foron logrando algúns obxectivos. Competía en Galicia e iniciou a súa andaina polo resto de España. Iso si, coa ilusión como bandeira. Antes non había de aloxarse posibilidade en hoteis e utilizaban unha tenda de campaña. E Enrique Míguez describe as súas andanzas: “Fómonos a Palencia a participar nun campionato. Rompeu a tenda de campaña. Non puidemos arranxala. O caso é non que había outra opción para durmir. E apañámonos como puidemos. Ao día seguinte competimos. Iso era un mérito”.
No club aínda recordan a primeira medalla lograda nun Campionato de España. Conquistouna José Manuel Jiménez en K-1 xuvenil no encoro de San Juan en Madrid. E tamén tivo anécdota. Non era o favorito. Os responsables do club esperaban os seus padexeiros na meta e non se apercibiron da entrada do gañador, xa que estaban pendentes dos demais. Jiménez sorprendeunos ao dicir que xa rematara a proba e que fora o primeiro.
Un dos momentos claves da historia do Kayak Tudense sucedeu en 1984. Enrique Míguez, en compañía de Narciso Suárez, logran a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles. O padexeiro recoñece que “permitiu colocar o club nunha situación diferente. Deunos visibilidade e tamén recoñecemento. Comezou outra época. Sen dúbida”.
Abandonou a sede provisional que lograra preto do río, unha casa que pertencía ao colectivo de Aduanas, e comezou a súa expansión. Construíuse unha sede, logo ampliada, e traballouse con intensidade. Foi unha época onde Eduardo Sousa e Julio Sousa resultaron decisivos coas súas achegas, tanto a nivel directivo como técnico.
A relación de padexeiros ilustres que pasaron polo club nalgún momento da súa historia é extensa. José Manuel Jiménez, Tito Correa, Juan Carlos Lorenzo Pimentel, Aike González, Jovino González, Sonia Molanes, Marcos Míguez, Daniel Estévez, José Besada, Germán Gregores, Rodrigo Tebo, David Caride, Vicente Correa, David Costa ou Daniel Costa son algúns deles. A maior parte con experiencia internacional. Débense sumar os actuais. Once foron internacionais en 2014.
Os padexeiros do Kaiak Tudense lograron ao longo da súa historia unha medalla olímpica e máis de sesenta en campionatos de Europa e do Mundo. Nove títulos nacionais e multitude de regatas gañadas forman parte do seu amplo palmarés. Pero a entidade tamén coida a canteira. Noventa mozos forman parte da súa estrutura deportiva.
Enrique Míguez, que aínda compite en veteranos, desvela que “o piragüismo está consolidado en Tui. Iso é indubidable. Temos que traballar para seguir así no futuro. Esa é a nosa ilusión”. Como tamén manter como un símbolo o Descenso do Miño, a emblemática proba na que participan máis de mil padexeiros e que se disputa no mes de agosto.











