O Centro Dotacional de Torroso acolle unha charla sobre compostaxe e un concerto de saxos
O Auditorio do Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso acollerá esta fin de semana dous actos de índole medioambiental e cultural.
Mañá, sábado 13 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar a charla titulada “Vermicompostaxe e compostaxe doméstico” a cargo da Empresa Ecocelta.
E o domingo, día 14 de decembro, ás 19.00 horas, celebrarase un concerto da Orquesta de Saxos de Redondela.
Ambas actividades están abertas a todas aquelas persoas interesadas en asistir con entrada libre e de balde.











