O Centro Comercial Arousa encara o Nadal cun aspecto renovado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A poucos meses de que se cumpran 20 anos da súa inauguración –abriu as súas portas en maio de 1995-, o Centro Comercial Arousa acaba de concluír unha profunda remodelación arquitectónica que lle fará encarar a campaña de Nadal cun aspecto moito máis atractivo e moderno.

A reforma, proxectada polo arquitecto Miguel Monteagudo, do estudo pontevedrés OMMA Arquitectura, consistiu en cambios e melloras nas escaleiras e nun completo redeseño dos patios, baseado na súa identificación cromática. Mellorouse tamén a mobilidade dentro do centro e o tránsito dos visitantes por todos os espazos, e substituíuse o pavimento da zona central e modernizado dos baños. Tamén se redeseñou toda a sinaléctica, o que, en conxunto, confire ao Centro Comercial Arousa unha estética totalmente renovada.

Na reforma estivo traballando unha vintena de persoas durante uns dous meses e cun ritmo intenso, pensado para entorpecer ao mínimo posible a actividade comercial e concluír a obra, como así foi, xusto antes de iniciarse a campaña do Nadal. Desde hoxe mesmo, e vinte anos despois da súa inauguración, os vilagarciáns atoparanse cun centro comercial totalmente novo.

9 de decembro de 2014 | 11:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.