O Centro Comercial Arousa acolleu a súa primeira voda civil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Centro Comercial Arousa acollerá por primeira vez, e tras preto de 20 anos de actividade, a celebración dunha voda civil.

A cerimonia terá lugar o próximo domingo, 28 de decembro, ás 18:30 h., na primeira planta e estará oficiada pola concelleira de Cultura de Vilagarcía, Orballo Llovo.

A parella de vilagarcianos, formada por Noelia Freire e Diego Gutiérrez, elixiu o centro como escenario do seu enlace por ser o lugar onde se coñeceron, catro anos atrás e nesa mesma data, mentres traballaban facendo unha substitución nun dos locais de restauración do centro.

29 de decembro de 2014 | 11:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.