O Celta felicita á factoría viguesa de PSA por obter a fabricación das novas furgonetas
O Real Club Celta quere expresar a súa enorme satisfacción pola decisión da empresa automobilística PSA de que as novas furgonetas do grupo se fabriquen en Vigo, unha noticia que ten unha gran importancia para a cidade e a súa comarca. O club celebra con gran alegría este logro directamente relacionado co seu principal patrocinador, o máis antigo da liga e que a próxima tempada cumprirá 30 anos de estreita unión co club
O club quere felicitar á factoría viguesa por este importante fito, que chega, sen dúbida, apoiado na extraordinaria competitividade e o bo facer de responsables e traballadores dunha fábrica con sólidos vínculos co Celta desde fai practicamente tres décadas, nas que a camiseta celeste sempre luciu con orgullo o nome de Citroën.











