O CCRD do Puntal convida aos socios a un viño na Casilla para despedir o ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Socios e veciños do Puntal reuniránse o próximo sábado, 27 de decembro, na antiga Casilla de Legoeiros para despedir o ano 2014 e recibir o 2015. Así están convocados pola directiva do Círculo Cultural, Recreativo e Deportivo do Puntal que, por primeira vez, organiza este acto, despois de que hai uns meses asinase un convenio de colaboración co Concello para disfrutar da cesión do uso do inmoble, hoxe a súa sede como entidade. No acto, que dará comezo ás 21 horas, serviránse uns pinchos e un viño co que o Círculo quere agradecer especialmente aos seus socios e socias o traballo realizado e o apoio recibido.

23 de decembro de 2014 | 11:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.