O CCA Estrela de Marín alcanza un acordo co blog “cousasdecarragal”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Dende o CCA Estrela de Marín queremos comunicarvos que vimos de alcanzar un acordo co blog “cousasdecarragal”, mediante o cal os máis de 150 establecementos asociados poderán anunciarse de xeito gratuíto neste espazo, a través dun banner de publicidade, a partir do mes de xaneiro. O blog “cousasdecarragal”, convertiuse nun referente a nivel informativo no noso concello, xa que máis de 550 persoas o len diariamente alcanzando nestes tres anos de vida preto das 600.000 visitas. Por outra banda, comentarvos que mañá ás 12 realizaremos o sorteo do vale compra de 300 €, pertencente á Campaña Estrela correspondente a este mes.

30 de decembro de 2014 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.