O Carballiño é das zonas donde máis se fala o Galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O traballo elaborado polo Instuto Galego de Estadística desvela que O Carballiño é das zona de galicia onde más se fala o Galego. De feito é a cuarta comarca con máis galegos parlantes. Dende o concello, e máis en concreto dende o servizo de normalización Lingüística, recibiron de xeito moi positivo esta nova, vendo recompesado o seu traballo o longo destes últimos anos, onde más labores se fixeron para a dinamización do uso do galego, especialmente entre os xóvenes e os nenos e nenas.

Entre as actividades desenroladas polo citado servizo municipal destacan as seguintes:

ANO 2011

– obradoiro de enredos musicais tradicionais que acompañan aos cantos de nadal e reis galegos: este é un obradoiro onde cada quen aprende a fabricar os seus propios xoguetes ou instrumentos ó igual que o facían os nenos de antes, cando non había os avances nin as posibilidades que hai hoxe en dia. Neste obradoiro pódense facer instrumentos a partir de materiais como a cana, pólas de salgueiro, castiñeiro e loureiro, noces, abelás, tocar con follas de hedra ou limoeiro, etc.

ANO 2012

– CARTA DOS REIS MAGOS. Escríbelle aos reis en galego

– PESCANDO PALABRAS, COCIÑANDO POEMAS. Xincana lingüística sobre Valentín Paz Andrade autor a quen se lle dedican as Letras do 2012. Nos xardíns do balneario. Para 20 participantes de entre 6 e 12 anos.

SOLTA DE GLOBOS BRANCOS E AZUIS NA PRAZA MAIOR CUN LEMA COLGADO SOBRE A LINGUA

– MARCAPÁXINAS SOBRE VALENTÍN PAZ ANDRADE

– GALEGO DE CINE,día 17 de xuño de 2012 na praza maior do Carballiño. Actividade destinada a 20 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Baséase na visión e no traballo con diferentes contidos audiovisuais en galego a través dos cales os nenos e as nenas participantes chegarán a construír o seu propio conto. Isto completarase cun vídeo-matón que lles permitirá aos rapaces gravar o conto inventado durante o desenvolvemento da actividade.

-TITEREHOP, día 15 de outubro de 2012 no IES “M. Chamoso Lamas”. É unha actividade cuxo obxectivo é dinamizar o uso da lingua galega nos adolescentes de 13 a 17 anos. A actividade céntrase no uso da lingua galega en accións que resulten atractivas para os mozos e mozas, neste caso o hip-hop.

– O SEÑOR DAS DUNAS, día 11 de novembro de 2012 no auditorio municipal . Para tódolos públicos. Espectáculo que combina o audiovisula cun espectáculo de area, moi novidoso e orixinal.

– OBRADOIRO LETRAS NA CORDA. NADAL EN SON GALEGO. CANTA O VENTO, día 28 de decembro de 2012 para rapazada entre 6 e 14 anos

ANO 2013

– CARTA DOS REIS MAGOS. Escríbelle aos reis en galego

– CONMEMORACIÓN DO 150 ANIVERSARIO DE CANTARES GALLEGOS DE ROSALÍA DE CASTRO: marcapáxinas, poemas na rúa, concerto orquestra do Conservatorio, poemas nos locais comerciais da rúa Rosalía.

– AS POMBAS DE CARBOEIRO Fantoches Baj e a Banda do Carballiño . Dirixido anenos/as a partir de 12 anos.Sábado, 4 de maio. Auditorio municipal

– OBRADOIRO O ROBERTO DE AQUÍ. Para nenos/as de 6 a 12 anos Venres, 10 de maio. praza maior

– MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADOcon: grupo de teatro da Confradía da Piteira, grupo de teatro Tiruleque, aula de teatro do IES “Chamoso Lamas” e a Escola de teatro municipal. Para tódolos públicos. Martes, 14 de maio.

– CLUB DE DEBATE

– OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE XOGUETES TRADICIONAIS DO NADAL GALEGO

ANO 2014

– CARTA DOS REIS MAGOS. Escríbelle aos reis en galego

– “A NENA E O GRILO” para público familiar. 6 de decembro

– OBRADOIRO DE CARAUTAS

-EXPOSICIÓN DA VIDA E OBRA DE DÍAZ CASTRO NO CONCELLO DENDE O 12 AO 20 DE MAIO

Colocación na escaleira do concello da exposición sobre Díaz Castro enviada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (O concello colocou os carteis en cartón pluma)

– BANDO LETRAS GALEGAS 2014

Colocouse na entrada do concello o tradicional bando municipal do Día das Letras que tamén se   vai repartir nos colexios e nos locais das asociacións veciñais así como en edificios públicos da vila

– MARCAPÁXINAS CO POEMA PENÉLOPE O MÁIS COÑECIDO DE DÍAZ CASTRO

Edición de marcapáxinas co poema máis coñecido do autor a quen se lle dedican as Letras Galegas este ano, para repartir entre escolares e público en xeral

– BOLECHAS “o SABICHÓN” para nenos e nenas de entre 3 e 9

-CONCURSO DE CUÑAS (EN COLABORACIÓN COA REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA XUNTA DE GALICIA)

Paraalumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.

Obxectivos: promover a reflexión sobre a lingua galega e a súa valoración positiva entre a mocidade do Concello do carballiño; difundir as posibilidades da comunicación radiofónica entre a mocidade; incrementar a percepción do galego como lingua útil para a comunicación mediática

Premios:

un primeiro e un segundo premio por categoría consistentes nun obradoiro de radiofónica

os gañadores dos primeiros premios, ademais, entrarán nunha segunda fase do concurso en que a súa cuña competirá coas gañadoras dos outros concellos da Rede de Dinamización Lingüística onde se desenvolve esta actividade.

os gañadores da segunda fase do concurso recibirán como premio a realización dun programa radiofónico na Radio Galega coa colaboración de profesionais deste medio e un lote de libros                                                                    

– IMPRESIÓN EN VINILO DO POEMA PENÉLOPE DE DÍAZ CASTRO NA PRAZA MAIOR.

10 de decembro de 2014 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.