O C.B. Nigrán convértese no segundo clasificado no torneo “Xogando en feminino”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesNigrán
A-
A+
Entrega de premios

Entrega de premios

O CLUB BALONCESTO NIGRÁN regresa de Ourense cun digno segundo posto no III Torneo de balocesto “Xogando en Feminino” organizado polo Club Pavillón Ourense que por segundo ano recorda á que foi xogadora do Pavillón, Alejandra González, en forma de Memorial e ao que asistiu co seu equipo infantil feminino.

Un día intenso e cheo de emocións no que pais, nais e xogadoras gozaron dunha xornada de deporte e convivencia. Os tres partidos disputados polas rapazas de Nigrán foron moi igualados no marcador, chegando a xogar a prórroga nun deles, que finalmente acabou coa vitoria do noso equipo sobre o equipo de Vilagarcía.

Destacar a entrega e a paixón posta na cancha por parte das xogadoras do CB Nigrán que finalmente conseguiron o segundo posto do torneo, facendo as delicias dos familiares que animaban dende a bancada.

29 de decembro de 2014 | 12:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.