O BNG mostra o seu rexeitamento rotundo ao despedimento colectivo de Alcoa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press

O Grupo Municipal do BNG da Coruña expresou o seu “rexeitamento rotundo” ao anuncio de despedimento colectivo de Alcoa na súa planta coruñesa e criticou a política industrial da Xunta.

Os nacionalistas sinalaron que a cidade herculina “non se pode permitir o luxo de perder unha empresa como Alcoa e centos de postos de traballo directos e indirectos”, xa que Galicia é “o segundo produtor eléctrico do Estado e é excedentario nesta enerxía”.

Así, o BNG advirte de que a solución pasa por que Galicia “poida deseñar a súa propia política tarifaria”, que recoñeza a especialización produtiva co fin de “favorecer a consolidación das empresas existentes e a localización doutras novas”.

O grupo municipal nacionalista afirma que, o que acontece en Alcoa, é “consecuencia” de ter un Goberno galego “carente de política industrial” e un goberno central que “aposta por unha política tarifaria totalmente prexudicial para Galicia”.

1 de decembro de 2014 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.