publicidade hoxe

O belén tradicional da Agrupación Folclórica Ximiela de Louro exponse nas Cancelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+
Bonecas do belén tradicional

Bonecas do belén tradicional

Dende o 4 de Decembro o 7 de Xaneiro, para tódolos amantes do nadal e da nosa cultura tradicional, poderán desfrutar ollando o “Belén Tradicional” que a Agrupación Folclórica Ximiela de Louro, terá exposto no Centro Comercial “As Cancelas” en Santiago de Compostela.

Dita exposición está formada por máis de 60 bonecas, feitas a man de xeito artesanal,  ataviadas coa vestimenta tradicional das distintas comarcas que conforman a comunidade galega, así coma de numerosas construccións que reflexan distintas estampas e situacións da vida cotiá tradicional.

Toda esta “posta en escea”, débese a​o traballo incondicional dos nenos, nenas, mozos, mozas e sobor de todo, da directiva da Agrupación Folclórica Ximiela, nunha clara aposta por achegar o mundo da cultura tradicional a todo o público, ben sexa, coma no pasado mes de Outubro no Día da Hispanidade desfilando pola 5ª Avenida en Nova York, como no simple feito de lograr un Belén distinto, orixinal e sobre todo galego.

5 de decembro de 2014 | 11:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.