O Ballet Nacional do Teatro da Ópera de Lviv chega á Coruña

Actuación do Ballet Nacional do Teatro da Ópera de Lviv
O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá este domingo, 4 de xaneiro, a actuación do Ballet Nacional do Teatro da Ópera de Lviv, unha montaxe escénica con fragmentos de obras de contos infantís, segundo informa a Casa do concello.
O espectáculo, ás 18,00 horas, somerxerá o público “nos valores máis arraigados da infancia, un percorrido máxico por fragmentos das obras ‘O crebanoces’, ‘Blancanieves e os sete enanitos’, ‘A noite de Walpurgins’ ‘O lago dos cisnes’ e ‘A creación do mundo’ ” segundo indica o Concello.
O Ballet Nacional do Teatro da Ópera de Lviv é o teatro máis importante de Ucraína, fundado en 1897 baixo a dirección de Solomiyak Cruslinka. Na actualidade, conta con máis de 80 bailarins, dos que, para esta representación, estarán 20 integrantes.
Dirixidos polo director Igor Novak, no espectáculo “créase unha posta escénica para achegar aos nenos á danza a través da literatura universal infantil na que se inspiraron os máis famosos compositores do mundo, como Chaykosky, e coreógrafos, como Marius Petipa,” engade a Casa do concello.











