O Auditorio de Ourense acolle a estrea de Sazón, o último espectáculo de Maruxa Salas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOurense
A-
A+

O vindeiro xoves día 11 o Auditorio Municipal acolle a partir das 20.30 h a estrea internacional de Sazón, o último espectáculo da compañía de Danza SóLODOS, formada por Erick Jiménez e a ourensá Maruxa Salas. 

Sazón é unha metáfora sobre a preparación e o encontro do corpo para un acontecemento social. Todas as culturas realizan un ritual do habitual para a celebración dunha festividade, dunha festa… sen importar a xeografía e o contexto cultural sempre existe unha preparación para ese encontro social. Estes feitos van acompañados de accións físicas, onde nos preparamos, nos vestimos, pintamos, cantamos e bailamos para a ocasión e celebramos o encontro. En Sazón dúass personaxes se preparan para a festa, seus corpos, súas texturas e cores identifican o carácter de cada un dos intérpretes, que realizan un ritual físico de preparación, tamén hai encontros oníricos, e outros onde se van organizando seus corpos para o baile final.

As entradas están a venda en www.servinova.com. Máis información en www.ourensecultura.com ou no teléfono 672 790 598.

9 de decembro de 2014 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.