O alumnado de cinco centros educativos de Ferrol remata mañá a actividade “O conto viaxeiro”
O alumnado de cinco centros educativos da cidade rematan mañá a actividade O Conto viaxeiro promovida pola Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol, que dirixe Martina Aneiros Barros. O obxectivo desta proposta de dinamización lingüística é aumentar a presenza de recursos educativos en galego na rede así como achega a lingua aos menores e as familias dun xeito lúdico.
Os nenos e nenas, pertencentes ao centros de ensino de Recimil, Isaac Peral, Terra de Ferrol, Esteiro e Cruceiro de Canido, desenvolveron estes obradoiros entre os meses de outubro e decembro. Nesta actividade realizaron un conto ilustrado de xeito colectivo, ao longo de varias sesións, e en cada unha delas participou un grupo diferentes de nenos/as que se encargou de idear, escribir e ilustrar unha parte do conto. O Conto viaxeiro tamén incluíu a creación dun blog: https://contoviaxeiroferrol.wordpress.com no que se pode ver o resultado unha vez que na xornada de mañá o alumnado do CEIP Isaac Peral lle poña final.











