O alumeado de Nadal acenderáse en Fene este venres incluíndo a iluminación na fachada no consistorio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello de Fene procederá mañá venres, 5 de decembro, ao acendido do alumbrado de Nadal. Unha iluminación que anunciará, a través dos diferentes motivos e cores das arcadas, a chegada destas festas. O alcalde, Gumersindo Galego, avanzou que a novidade deste ano será que a fachada da casa consistorial tamén lucirá este tipo de iluminación. Unha mellora que incorporou a empresa adxudicataria do servizo. Serán preto de oitenta arcadas repartidas por todo o termo municipal, aínda que con especial presenza no centro urbano, as encargadas de dar ambiente navideño polas noites. Así, aos puntos habituais, o goberno municipal sinala que este ano se incorporan novos emplazamentos a petición dos comerciantes, aínda que sen aumentar a partida respecto ao exercicio pasado.

A iluminación acenderáse sobre as oito da tarde e interrumpiráse cada día sobre as catro da mañá. E, amáis das tradicionais arcadas no rueiro e vías, tamén se iluminarán algunhas árbores. Nesta liña, o goberno local apunta que, con esta medida, preténdese reforzar o ambiente navideño e animar as compras no comercio tradicional e a afluencia na hostelería. É por isto que, dende hai anos, o Concello asume o custe da iniciativa.

Xunto a esta, o Concello tamén organiza este ano a segunda edición do Concurso de Decoración Navideña de escaparates, que comezará o próximo martes, día 9 de decembro, unha vez que hoxe se pechase o prazo de inscripción para comercio e hostelería.

4 de decembro de 2014 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.