publicidade hoxe

O alcalde de Ponte Caldelas recibe aos nenos do Cordo Boullosa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Visita dos estudantes

Visita dos estudantes

O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, recibiu no Salón dos Plenos do Concello a alumnos de segundo curso de educación primaria do Colexio Cordo Boullosa en véspera do Día da Constitución e someteuse a unha batería de preguntas que viraron ao redor do seu papel como rexedor e as funcións da institución que representa.

Perfecto Rodríguez insistiu ante os escolares na necesidade de preservar os bens públicos e destacou a importancia que o Concello ten na vida cotiá dos cidadáns do municipio.

Os alumnos, que acudiron ao Consistorio en compañía das súas profesoras, seguiron con atención as explicacións do alcalde quen fixo notables esforzos pedagóxicos para poder trasaldar aos nenos unha imaxe comprensiva dos distintos servizos e funcións que desempeña a Administración Pública e da importancia que ten para un país democrático o dispor dunha Constitución.

Para finalizar a visita, Perfecto Rodríguez preguntoulles se consideraban fácil ou difícil a tarefa que tiña que realizar un rexedor e inquiriu ao presentes se algún tiña interese en ser alcalde cando fosen maiores. Só catro mans alzadas manifestaron o seu desexo de optar no futuro a este cargo de representación.

Tras a fotografía de rigor ante os escanos que ocupan os concelleiros e o alcalde no Salón de Plenos do Consistorio, os alumnos abandonaron o recinto previa entrega dun bombón a cada un dos visitantes.

5 de decembro de 2014 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.