publicidade hoxe

O alcalde de Ponte Caldelas obsequia á centenaria Cecilia Martínez Pazos cun ramo de flores no seu 101 aniversario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Visita á centenaria veciña de Ponte Caldelas

Visita á centenaria veciña de Ponte Caldelas

O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, felicitou no seu domicilio no lugar de Mirón, parroquia de Tourón, a Cecilia Martínez Pazos, quen acaba de cumprir 101 anos, coincidindo co día do sorteo da Lotaría de Nadal, en compañía da súa familia.

Perfecto Rodríguez, acompañado polo tenente de alcalde Francisco Regueira, obsequiou a centenaria cun ramo de flores e conversou por espazo dunha hora. Tras apagar as velas dunha enorme torta que compartiu cos seus familiares e amigos, Cecilia Martínez relatou ao alcalde como quedara viúva do seu marido, Benito Pazos, vítima da Guerra Civil, e como moi nova e embarazada da súa terceira filla tivo que armarse de valor e sacar adiante a súa familia.

Cecilia Martínez Pazos conserva todas as súas facultades mentais e é unha gran conversadora. Os seus 101 anos de vida atesouran grande experiencia vital caracterizada polo seu espiritu loitador e a súa vontade de non se resignar ante as adversidades. A anciá de Mirón tivo tres fillas, catro netos e seis bisnetos.

O alcalde Perfecto Rodríguez felicitou as festas a toda a familia e quedou emprazado para o ano que vén co fin de renderlle outra homenaxe e celebrar xunto a ela un novo aniversario

23 de decembro de 2014 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.