publicidade hoxe

O alcalde de Neda reúnese con responsables da Xunta para abordar a asunción da titularidade de estradas autonómicas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, aspira a que o Concello asuma a titularidade de dúas vías estratéxicas para o municipio: a AC 115 –Avenida de Alxeciras entre Xuvia e O Puntal- e AC 862 –dende Xuvia e ata Cruz do Pouso-. Unha competencia que permitiría á Administración local realizar sen autorización previa traballos de mellora da seguridade e conservación vial e, sobre todo, facilitaría aos veciños e veciñas os trámites urbanísticos en relación ás vivendas que delimitan as estradas, agora baixo a influencia destas. Pero, antes de avanzar neste camino, Ignacio Cabezón asegura que a Xunta, titular hoxe das vías, debería corrixir unha serie de deficiencias nestas infraestructuras. Un propósito no que o alcalde leva tempo a traballar e no que onte se daba un paso adiante. A petición do rexidor, desplazábanse a Neda o xefe de Servizo e Mantenemento da Consellería de Obras Públicas na Coruña, Antonio López Blanco, así como técnicos do departamento.

Alcalde e responsables da consellería, xunto ao concelleiro de Transportes, José Manuel Gradaílle, e o xefe da Policía Local, realizaban un percorrido por ambas estradas no que Cabezón Lorenzo daba conta desas necesidades de actuación, especialmente no tocante a asfaltados ou regularización semafórica. Agora, os técnicos realizarán un estudo e avaliarán as actuacións para, a continuación, tomar as medidas necesarias. Nesta liña, o alcalde destacou que, se se dan as circunstancias favorables para asumir a competencia das estradas, é a súa intención humanizar a vía, transformando así unha estrada nunha travesía urbana. Axilizaríanse os prazos e trámites á hora de proceder á súa sinalización, mellorando a seguridade para peóns e conductores, ou acometer tarefas de mantenemento. E, sobre todo, os veciños e veciñas propietarios de vivendas á beira de ambas estradas terían máis facilidades á hora dos trámites urbanísticos que precisen, xa que poderían acudir ao Concello no lugar de realizar as xestións ante a Consellería de Ordenación.

Noutro orde de cousas, a Concellería de Transportes acordou coa dirección do IES Fernando Esquío realizar as xestións necesarias para modificar a parada do transporte escolar, a fin de ubicala no entorno inmediato do centro para lograr que os estudantes non teñan que cubrir a distancia actual duns cincuenta metros e facilitar así o seu acceso, especialmente nos días de choiva.

5 de decembro de 2014 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.