publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O alcalde de Neda afirma que a viabilidade de Sogama depende dos concellos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, recordou esta mañá que os concellos son os titulares da competencia da xestión dos residuos domésticos, polo que aqueles que contratan con Sogama o servizo están obrigados a pagarlle. En caso contrario, considera que tan só poñen en perigo a viabilidade da empresa pública e meten nun problema a aqueles concellos que cumplen, xa que deberán buscar unha alternativa para o seu lixo. Polo tanto, o rexidor considera que ese sistema non pode verse ameazado porque un grupo pequeno de concellos decida non pagar, como tampouco pode dar o mesmo pagar que non facelo.

Nesta liña, Ignacio Cabezón ve de sentido común que a Xunta se dote da capacidade de asegurarse que cobra o servizo que presta, mediante o mecanismo previsto pola lei para que a Administración cobre as débedas que contraen con ela outras administracións. Engadiu que a actitude dos concellos que non pagan é irresponsable ao pór en risco o sistema de xestión. Sobre todo, porque a inmensa maioría paga ese servizo e ten dereito a velo garantido.

Así mesmo, o alcalde considera inxusto que os concellos que non pagan continúen recibindo un servizo que si sufraga o resto e, ademáis, cobren o recibo do lixo aos seus veciños. En todo caso, e por último, afirma que esta situación repercutirá nos veciños daqueles municipios que cumplen, que pagarán máis por un servizo idéntico.

23 de decembro de 2014 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.