O alcalde de Fene presidirá o Acto institucional de conmemoración do XXXVI aniversario da Constitución
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, presidirá este sábado, 6 de decembro, o Acto institucional de conmemoración do XXXVI aniverario da Constitución española no municipio. Un acto que terá lugar a partires das 13 horas no salón de plenos da casa consistorial. Nesta liña, o Concello quere invitar a vecinos e veciñas a sumarse á celebración do aniversario da Carta Magna acompañando á corporación no acto.
No mesmo, o rexidor invita aos grupos municipais a expresar as súas reflexións en torno á Constitución e os seus primeiros 36 anos de vida. Ao remate do acto, grupos e veciños poderán compartir un viño no consistorio.











