publicidade hoxe

O alcalde de Fene anuncia maiores facilidades para o cobro de subvencións para as asociacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

Este ano, as asociacións do municipio terán máis facilidades por parte do Concello en materia de subvencións. Así o avanzou o alcalde de Fene, Gumersindo Galego, quen informou da aprobación dunha serie de cambios nas bases que rexen a convocatoria de axudas en réxime de concurrencia competitiva para aquelas entidades sen ánimo de lucro. Na práctica, Gumersindo Galego explicou que, antes de que remate o ano, o Concello adiantará o 70% dos fondos das subvencións aprobadas e, unha vez xustifiquen a realización das actividades para as que solicitaron a axuda, recibirán o 30% restante. O prazo neste caso para achegar a documentación requerida conclúe o 14 de febreiro de 2015.

Ata o dagora, as entidades percibían o 40% previa xustificación. Unha medida que aprobaba no 2012 o actual equipo de goberno que dirixe Gumersindo Galego para facilitar o desenvolvemento da actividade das asociacións por parte da Administración local. E se daquela a medida foi importante, este ano avánzase elevando dese 40 ata o 70% os fondos anticipados.

Así, este ano, serán preto de corenta as asociacións de ámbito educativo – fundamentalmente ANPAS-, cultural e deportivo as que se beneficien desta medida. E, no seu conxunto, as subvencións que outorgará o Concello ascenden a 81.000 euros.

Pero o goberno municipal que dirixe Gumersindo Galego non só aprobou esta medida de apoio, xa que dende o 2011, vén realizando todos os esforzos posibles para rematar cos retrasos nos pagos que, ata ese momento, se viñan producindo. Nese ano 2011, o Concello tramitaba e pagaba o 75% das axundas pendentes de abono dende o 2009; no 2012 tramitaba e pagaba o 2010 e convocaba, tramitaba e pagaba o 2011. Neste caso, aprobando o nomeado adianto do 40% ás asociacións. E, xa dende 2013, poñíase ao día.

11 de decembro de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.