publicidade hoxe

O alcalde de Becerreá celebra que o conselleiro de Sanidade de Madrid fora destituído

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O alcalde da localidade lucense de Becerreá, Manuel Martínez, xulgou este que a destitución do conselleiro de Sanidade de Madrid, Javier Fernández, “chega tarde”, logo de volver verquer comentarios esta semana sobre a auxiliar que superou o ébola Teresa Romero, natural desta localidade, pero celebrou que “incompetentes e prepotentes” saian da política.

Así mesmo, aproveitou para arremeter contra o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, do que dixo que foi o único que “defendeu a xestión deste señor en Galicia e en toda España”.

Manuel Martínez remarcou que a marcha do conselleiro madrileño “chega tarde” e “demostra a prepotencia, a chulería e a falta de sensibilidade dun político que leva moitos anos e que ten experiencia”.

“Eu felicítome de que incompetentes e prepotentes desaparezan da administración pública, aínda que creo que antes de marchar debería rectificar as súas declaracións e pedilo desculpas a Teresa Romero”, sostivo.

Martínez acusou o PP de empeñarse en “criminalizar a Teresa (Romeiro) e machucala”. “Non vou entrar nas denuncias que presentou, pero que os xulgados poñan as cousas no seu sitio”, concluíu.

5 de decembro de 2014 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.