O alcalde da Coruña solicita que se aclaren todos os extremos na morte do siareiro do Deportivo
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, celebrou este martes as detencións de 32 persoas na redada contra membros do Frente Atlético pola morte de Francisco Javier Romero Taboada, alcume ‘Jimmy’, entre eles dúas personas ás que a Policía acusa de ser os seus autores materiais. Ademais, pediu que se aclaren “tódolos extremos” en relación a este caso.
Mentres, preguntado sobre a actuación do consello de administración do Real Club Deportivo de La Coruña tras a morte de ‘Jimmy’, expresou o seu “pésame” á familia do falecido. “Calquera morte, calquera motivo de violencia é rexeitable”, sentenciou.
Non obstante, avogou por que exista “unha normativa xeneral que diga aos clubs qué decisións hai que tomar” cando acontecen feitos deste tipo. “Que haxa un marco legal”, insistiu o alcalde, quen expresou o seu “total apoio” ao Deportivo, evitando pronunciarse sobre a actuación do consello de administración.
Finalmente, considerou que “todo o deportivismo” debe estar “o máis unido posible”. “O problema fundamental é que o Deportivo poida continuar nesta primeira liga e salvar economicamente ao club”, remachou.











