publicidade hoxe

O alcalde da Cañiza reúnese co Secretario Xeral de Infraestruturas para tratar as melloras na N-120

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+
O alcalde da Cañiza na reunión en Madrid

O alcalde da Cañiza na reunión en Madrid

O Alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez, reuniuse o pasado 3 de decembro no Ministerio de Fomento co Secretario Xeral de Infraestruturas Don Manuel Niño González e o Director Xeral de Estradas Don Jorge Urrecha Corrales para tratar sobre os investimentos e obras que o Ministerio acometerá na travesía da estrada Nacional 120 ao seu paso polo centro urbano da Cañiza.

As obras que xa estaban incluídas nos Orzamentos Xerais do Estado para 2015 consisten principalmente na mellora do firme da travesía. Tras a reunión, o Alcalde da Cañiza obtivo o compromiso de incrementar ditas obras coa substitución doutros firmes e pavimentos e substitución de augas pluviais nas zonas nas que sexan máis necesario actuar cofinanciando o Concello parte das mesmas.

O investimento do Ministerio de Fomento no Concello da Cañiza para a execución desta obra no 2015 supera os 300.000 €uros.

A mellora desta estrada, de interese xeral para o Municipio da Cañiza por ser unha das máis importantes vías de comunicación que ademais atravesa todo o centro urbano da Cañiza, iniciarase no principio do ano e responde as iniciativas que desde o Concello están a promoverse para mellorar as infraestruturas e humanizar e embelecer a contorna ambiental da Vila.

4 de decembro de 2014 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.