publicidade hoxe

O alcalde da Cañiza entrega os premios aos establecementos gañadores co Concurso de Escaparates de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+
Entrega do premio á Pastelería Delicias

Entrega do premio á Pastelería Delicias

A pastelería Delicias conseguiu o primeiro premio valorado en 150 €uros, o segundo premio dotado con 100 € acadouno o Centro de Día ANXO S.L. e o terceiro recaiu no comercio de roupa Confecciones Andres con 50 €uros.

Este concurso, xunto coa campaña “Mercar na Cañiza ten Premio” é outra das actuación que dende a Alcaldía se están desenvolvendo en prol de activar o pequeño comercio local.

No Nadal de 2011, púxose en marcha esta iniciativa co obxectivo de impulsar as compras nos pequenos comercios da Vila e acadar unha maior reactivación deste sector nunhas datas tan sinaladas como o Natal. Pensouse neste concurso para animar aos empresarios a emprender actuacións que reclamen a atención dos compradores sobre os seus establecementos e creemos que con esta iniciativa se cumple este propósito.

Por iso ata o día 13 de decembro os comerciantes de A Cañiza tiveron a oportunidade de inscribirse no concurso para participar coas súas ideas decorativas. As bases estiveron publicadas no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web oficial. www.caniza.org

Os escaparates participantes non poderán modificarse ata o día 6 de xaneiro de 2014.

Para a valoración dos escaparates o xurado tivo en conta aspectos como modernidade e innovación, calidade, orixinalidade, iluminación e exposición do propio produto.

23 de decembro de 2014 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.