O 26 de decembro terá lugar a Asemblea Xeral da Sociedade Ximnástica
A Sociedade Ximnástica celebra o próximo día 26 de decembro, a súa Asemblea Anual de Socios, para dar cumprida conta do acontecido durante 2014.
Será a partir das sete e media da tarde, no Pavillón Municipal de Deportes, o venres 26 de decembro, na súa sala de prensa, cando comece a reunión.
A orde do día non difire moito do analizado nos últimos anos. Tanto o repaso pormenorizado da xestión económica como a actividade deportiva levada a cabo na anterior tempada, serán os principais temas a tratar. Sen esquecerse do apartado de rogos e preguntas, no que os socios farán propostas de mellora para 2015, un ano no que se pechará o ciclo de 4 anos da actual Xunta Directiva da Sociedade.











