O 15 de decembro ábrese o prazo de inscrición para viaxar no Tren Real

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O 5 de xaneiro os Reis Magos volverán visitar a cidade de Monforte para facernos vivir unha noite máxica. Como é tradicional as súas Maxestades de Oriente chegarán no Tren Reala Monforte de Lemos.

No Tren Real poderán viaxar cos Reis Magos 100 nenos e nenas que se vaian por si mesmos e que non superen os 10 anos de idade. Os pasos a seguir para poder participar nesta viaxe son os seguintes:

1- Inscrición para viaxar no Tren Real (lugar e data de inicio)

Os nenos e nenas que desexen acompañar ós Reis Magos no Tren Real deberán inscribirse na Delegación de Cultura do Concello (praza de Santo Antonio s/n), en horario de mañá e a partir do luns día 15 de decembro.

2- Datos que cómpre facilitar no momento da inscrición

Nome e apelidos da nena ou neno, idade e teléfono de contacto

3- Número de prazas dispoñibles e modo de ilas cubrindo

O Tren Real dispón de 100 prazas para os nenos e nenas que desexen viaxar coas súas maxestades ata a cidade. Estas prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

4- Data e horario para recoller os billetes por parte das nenas e nenos que vaian no Tren Real

O venres día 2 de xaneiro de 9:00 a 14:00, os nenos e nenas que efectuasen a reserva deben recoller os billetes na Delegación de Cultura, sita na casa do Concello de Monforte (praza de Santo Antonio).

5- A viaxe no Tren Real (horarios)

Os nenos e nenas que vaian no Tren Real é preciso que estean no Museo do Ferrocarril ás 16:30 h do día 5 de xaneiro Ás 17:00 está prevista a saída do tren cara á Estación de Ferrocarril de Monforte e a chegada á mesma producirase aproximadamente ás 17:10 h

6- A viaxe no Tren Real (indicacións para os pais)

Os nenos e nenas estarán acompañados no Tren Real por monitores e non poderán ir con eles os seus pais, os cales deberán recollelos na Estación de Ferrocarril cando se produza a chegada á mesma do citado tren.

A Delegación de Cultura agradece a colaboración de Renfe, ADIF, Amafer e o Museo do Ferrocarril de Monforte, na organización desta actividade.

 

14 de decembro de 2014 | 10:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.