Nova sesión do programa de ocio educativo In Fene
O Nadal centrará a sesión de mañá venres do programa de ocio educativo “In Fene” que promove o Concello a través da Concellería de Servizos Sociais. Un programa incluído no proxecto municipal “De peques a maiores: compartindo espazos” e que respalda a Deputación provincial da Coruña. Como e habitual, a sesión desenvolveráse no local da AVV de Perlío a partires das 16,30 horas. Así, ao longo de dúas horas, unha educadora social abordará temas vinculados ao Nadal a través de xogos e actividades que farán reflexionar aos rapaces. Sobre todo, en relación á solidariedade e o comercio xusto. Entre as propostas, organizaráse o concurso o prezo xusto e levaráse a cabo un obradoiro de decoración. O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 11 e 14 anos e as sesións continuarán neste mesmo espazo o 19 de decembro e a intención do goberno municipal que dirixe Gumersindo Galego pasa por reeditalo no 2015.











