Nova edición da carreira solidaria Arenteiro do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Presentación da carreira solidaria

Presentación da carreira solidaria

Un ano máis a concellaría de deportes, xunto con Cáritas e Cruz Vermella, organizan a carreira solidaria arenteiro, que chega á súa VI edición, e que terá lugar o pròximo 28 de decembro, sobre un percorrido de 10 quilómetros polo municipio carballiñés.

Na elaboración da ruta colaboran tamén o ximnasio Korpore e o colectivo de corredores da vila do Orcellón. Pero o máis importante desta carreira é que cada corredor deberá achegar un quilo de produtos non perecedoiros, que logo serán repartidos tanto por Cruz Vermella como por Cáritas, entre as familias máis necesitas da comarca carballiñesa.

Establecéronse varias categorías, desde pitufos, nacidos entre 2011 ao 2013, até veteranos. O que se pretende é que sexa o maior número de persoas as que participen nesta carreira, e sobre todo que todos acheguen a súa colaboración en produtos non perecedoiros xa que o obxectivo é que, unha vez máis, o mundo do deporte mostre a súa solidariedade cos que máis o necesitan.

2 de decembro de 2014 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.