Nova campaña de reciclaxena na rúa peonil de Boiro
Este sábado instalarase na rúa peonil durante toda a mañá unha aula móbil de información e concienciación sobre a recollida selectiva.
Os monitores realizarán actividades e xogos coas persoas que desexen participar, coa finalidade de informar sobre a cantidade de residuos que xeramos nos nosos fogares e que realizando unha boa separación poderemos reciclalos evitando así un consumo innecesario dos recursos naturais.
Esta campaña informativa está promovida pola Xunta de Galicia por medio da sociedade Sogama e coa colaboración do Concello de Boiro.











