Non haberá recollida de lixo durante Noiteboa e Final de Ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Ao igual que noutros anos por estas datas, o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos non traballará nas noites do 24 e 31 de decembro. Son días para disfrutar en familia, polo que os traballadores da empresa concesionaria da recollida do lixo tamén teñen libre.

Dende o Concello, pídese a colaboración de todos os cidadáns para que nestas noites non se vote o lixo nos colectores, que si se volverán a vaciar nas noites do 25 de decembro e 1 de xaneiro.

O Concello recoñece o esforzo dos veciños, especialmente nestas datas nas que se produce máis lixo, pero esta colaboración permitirá ter as rúas máis limpas durante esas sinaladas datas.

23 de decembro de 2014 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.