publicidade hoxe

Neda organiza un taller de nutrición para os usuarios das escolas deportivas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda organiza un Taller de Nutrición para os usuarios e as usuarias das Escolas Municipais Deportivas. Terá lugar o próximo 13 de decembro, no salón social do Centro Cívico, a partires das cinco da tarde. A conferencia, que impartirá unha experta nutricionista, Andrea Loureiro Iglesias, supón un aliciente máis da oferta municipal. Na mesma, ofrecerá pautas de alimentación saudable e atenderá as dúbidas dos asistentes. Aquelas persoas interesadas en tomar parte na actividade, deben inscribirse previamente no Centro Cívico Municipal.

9 de decembro de 2014 | 12:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.