publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Neda inaugura un gran belén artístico en movemento obra de Francisco Rodríguez Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+
Montaxe do belén

Montaxe do belén

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, inaugurará este sábado, 6 de decembro, na Casa das Palmeiras un gran belén artístico en movemento obra do veciño Francisco Rodríguez Castro e máis o rastrillo solidario organizado, un ano máis, pola Asociación de Amas de Casa e Consumidores da real vila. Neste caso, a beneficio das familias con escasos recursos económicos do municipio e máis a Cociña Económica. Será a partires das 11 horas, nunha xornada na que Neda celebra a súa festividade de San Nicolás.

O belén artístico de Francisco Rodríguez Castro, unha infraestructura de quince metros cadrados, nace da man creadora deste veciño nedense. Está integrado por centos de figuriñas artesanais cun deseño guiado pola arquitectura hebrea. Definido, fundamentalmente, pola súa fidelidade e rigurosidade histórica. Foi a máxima que guiou o traballo de Rodríguez Castro nos últimos quince anos. Inicialmente e animado pola súa familia, este artesano, mariscador de profesión, comezou a expor o seu belén hai dous anos na vivenda da súa nai en Albarón. Ata que a concelleira de Turismo, Montse Rico, animouno a trasladar a infraestructura a un espazo cultural público como é a Casa das Palmeiras. Unha invitación que este Nadal aceptou.

Ata o 7 de xaneiro, o nacemento permanecerá aberto ao público de cinco a oito da tarde, con entrada libre e gratuíta. Pola súa banda, e durante a fin de semana –este venres, sábado e domingo-, a Casa das Palmeiras tamén albergará o tradicional rastrillo benéfico organizado pola Asociación de Amas de Casa de Neda. Nel, o público poderá adiantar as súas compras de Nadal, xa que atopará productos de artesanía, manualidades e prantas de pascua. ¿O horario? De 11 a 14 horas de mañá e de 17 a 20 horas polas tardes.

4 de decembro de 2014 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.