publicidade hoxe

Neda celebra entre a veciñanza o seu particular sorteo de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Un día despois de que se celebrase en España o sorteo da Lotería Nacional de Nadal, o Concello de Neda levaba a cabo o seu particular sorteo. Nel participou toda a veciñanza da localidade, xa que cada un dos empadronados podía resultar agraciado coa iniciativa impulsada polo Concello. Así, o secretario municipal actuaba como notario deste sorteo no que os 400.000 euros por décimo se sustituíron por unha cesta típicamente navideña, cunha ampla variedade de productos.

O alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, quería con este sorteo contribuir a crear o ambiente destas datas e ter un detalle coa veciñanza moi propio do Nadal como son as típicas cestas. Así, o consistorio acollía, ás 11,30 horas, o sorteo das seis cestas. E, como no caso do Gordo, estiveron moi repartidas polo termo municipal. Así, os agraciados foron: Ángela Romero Rivera (parroquia de San Nicolás); Lorena España Dopico (Xuvia-Casadelos); Vanesa Formoso Castro (Santa María-Pazos-Castro); Margarita Castelo Currás (O Puntal); María Isabel Fernández Naseiro (Mourela-Cruz do Pouso) e Manuel Angel Rodríguez Díaz (Anca-Viladonelle). Agora, o Concello iniciará o seu reparto.

23 de decembro de 2014 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.