publicidade hoxe

Nadal sobre xeo no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Os veciños do Carballiño, e sobre todo os mozos e nenos, poderán gozar este nadal dunha pista de patinaxe sobre xeo, que se situará na Pista Roja. É unha actividade organizada desde a área de Deportes e Cultura do concello carballiñés, coa que pretenden, ademais de ofrecer unha alternativa de lecer, apoiar ao comercio e á hostalaría local, xa que son moitos os veciños de toda a comarca os que acoden a este tipo de pistas situadas noutros lugares da provincia, principalmente na capital.

O nadal carballiñés comezou este pasado 5 de decembro, co aceso da iluminación festiva. Sobre esta iluminación, os responsables municipais detectaron o mesmo venres a mensaxe do Nadal en castelán situado na casa do concello, e procederon a retiralo para solicitar á empresa que o colocase en galego, cousa que non se poderá facer até o martes, ao coincidir varios días festivos nos que dita empresa non traballaba.

Ademais da iluminación e a pista de patinaxe, o concello do Carballiño ten preparadas outras sorpresas para que estas datas se celebren como debe ser, coa mirada posta sempre nos veciños, o comercio e a hostalaría local.

8 de decembro de 2014 | 11:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.