publicidade hoxe

Nadal en Tomiño con Adeto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

ADETO inicia a súa campaña de nadal con actividades de dinamización para incentivar o comercio de Tomiño como é o sorteo de 2000 € en premios, regalos de bicicletas e concurso de debuxos entre outras actividades.

A Asociación de Comerciantes de Tomiño pon en marcha a campaña “Nadal En Tomiño” tras o éxito acadado en edicións anteriores. Unha campaña na que os consumidores do comercio Tomiñes que fagan as súas compras no comercio co cartel identificativo da campaña, recibirán unha papeleta cun número e podrán participar no sorteo de diferentes cheques-regalo por valores que van dende os 5€ ata os 100€, repartíndose en total 2000€. Esta campaña iniciarase o día 15 e rematará o día 7 de Xaneiro.
O sorteo dos vales dos comercios celebrarase o día 8 de Xaneiro no local de Adeto ás 20:30h. Os vales dados por ADETO de 100€, 75€, dous de 50€ e tres de 25€, sortearanse o venres 9 de Xaneiro en Radio Tui.

Ademais a asociación Adeto coa colaboración dos colexios de Educación Infantil e Primaria de Tomiño farán un ano máis o concurso de debuxos de Nadal, onde se poderán ver expostos todolos debuxos no local de Adeto e no Centro Goianes dende o día 20 ata o 26 de Decembro, e no Pavillón de Tomiño os días 29 e 30, coincidindo coas actividades de Tomilandia que organiza o Concello.
O día 30 o xurado dará a coñecer os gañadores.

Todas estas iniciativas son a favor de desevolver o comercio, hostelería e industria de Tomiño, uns sectores que fan un esforzo por manter o texido empresarial e os postos de traballo que todos eles xeneran, polo cual e importante que os Tomiñeses fagan as súas compras no seu comercio, e tamén todos aqueles que nos visitan que consuman no comercio de Tomiño.

10 de decembro de 2014 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.