publicidade hoxe

Música clásica nun excepcional escenario co concerto de Ars Combinatoria en Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMonforte de Lemos
A-
A+

Este martes día 30 de decembro, ás 20:00 h, o trío Ars Combinatoria ofrecerá un concerto na Igrexa de San Vicente do Pino.

Ars Combinatoria está formado por tres grandes profesionais: Elsa Ferrer (violín), Carlos G. Amigo (violoncello),e Canco López (clave), que renden tributo á música con maiúsculas.

Posuír a capacidade de abarcar calquera forma musical dentro da súa historia foi a idea xeradora de Ars Combinatoria.

A inquedanza por cantar polifonía do século XVI español, trobar cantigas medievais, tañer con un baixo continuo ou reunirse para interpretar música de J.S.Bach, entre moitas outras músicas, fixo que no ano 1991 nacese Ars Combinatoria.

O grupo realizou varias gravacións de CDs con repertorios como O Códice Calixtino ou a polifonía de Tomás Luis de Victoria, entre outros.

Non é para Ars Combinatoria ningún problema pasar dunha fídula a un violín barroco ou a un violín amplificado. Así, hai máis de tres anos que veñen realizando concertos nos que a música contemporánea é protagonista, mesturando instrumentos acústicos con música electrónica.

Por outro lado, traballar en proxectos escénicos con estéticas moi actuais é un dos obxectivos que están facéndose realidade. Hoxe en día Ars Combinatoria ofreceu máis de tres centenares de concertos.

28 de decembro de 2014 | 10:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.