‘Movemento contra a Intolerancia’ pide aos clubs de fútbol que deixen de apoiar aos ultras
O presidente de ‘Movemento contra a Intolerancia’, Esteban Ibarra, pediu o inicio dun “proceso que culmine coa erradicación dos ultras do fútbol”, reivindicando aos clubs que “deixen de apoiar” a estes grupos e cumpran “rigorosamente” a lexislación.
Ibarra asegurou, que os feitos producidos este domingo entre siareiros do Depor e o Atlético de Madrid deixan en “mal lugar” aos responsables do fútbol que “teñen que velar para que está práctica deportiva estea exenta de conduta de violencia, de risco e de problemas”.
Así mesmo, criticou que “os responsables do partido non queiran asumir máis responsabilidade que a condena moral dos feitos” e tachou de “inmoralidade” a acción de non suspender o partido. Ao seu xuízo, produciuse un “fallo nos dispositivos de seguridade e un fallo na valoración do risco do partido”.
Neste sentido, destacou “a importancia que teñen nestes momentos unha aplicación rigorosa da lei e a expulsión dos siareiros violentos do campo de fútbol”. Neste sentido, recordou que a lei prevé estes actos e que “os clubs teñen que colaborar en acometer esta tarefa”.
Ibarra pediu que “se inicie un proceso que culminen” coa erradicación cos ultras do fútbol” e reivindicou poñer en marcha un “libro de rexistro” destes grupos, xa que “o anonimato é un dos problemas” destes grupos”.
Ademais, destacou a diferenza entre siareiros que “non pintan nada nun estadio de fútbol” e afeccionados “aos que hai que respectar e apoiar”.











