Monforte prentende novas axudas para a A.R.I. do Burgo Medieval e a zona de influencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O concello de Monforte xa lle manifestou á Xunta a vontade de asinar novos acordos para actuacións na área de rehabilitación do Burgo Medieval e zona de influencia, ó abeiro do novo Plan Vivenda 2013-2016.

A Xunta está a tramitar a Orde de Subvención que faga efectiva o programa de fomento da rexenaración e renovación urbana, incluido no Plan.

Non obstante, as persoas interesadas poden solicitar información e asesoramento na Oficina de Rehabilitación do Concello, onde se está a elaborar un rexistro previo de posibles beneficiarios das axudas.

A área de rehabilitación integral actual do Burgo Medieval e zona de influencia comprende as rúas Abelardo Baanante, Bailén, Burato, Corna, Doutor Teijeiro, Falagueira, Flores, Panaderías, Pescaderías, Praza de España, Porta Nova, Real, Ricardo Quiroga, Rúa Vella, Santo Domingo e Zapaterías.

Ata o de agora leváronse a cabo un total de 54 actuacións de rehabilitación subvencionadas, desenvolvidas en oito fases dende o ano 2004.

16 de decembro de 2014 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.