Modifícase a disposición dos estacionamentos na rúa Ramón Cabanillas para facilitar o paso de autobuses
Os estacionamentos públicos da Rúa Ramón Cabanillas volverá na dispoñerse en liña a partir de mañá co obxecto de facilitar o paso de autobuses e a manobra de vehículos de tamaño medio. O cambio estase a realizar xa despois de comprobar que o ancho da vía que une Rodrigo de Mendoza coa Rúa San Roque á altura da capela, quedaba escaso para permitir a cómoda circulación dos vehículos de maiores dimensións.
Operarios municipais comezaron esta mañá os traballos de borrado da sinalización horizontal dos aparcamentos en batería e está previsto entre esta tarde e mañá remate o pintado das prazas en liña.
Con esta medida os autobuses escolares poderán circular sen dificultade e as furgonetas e vehículos de maiores dimensións que saen e acceden aos garaxes emprazados na rúa poderán manobrar sen complicacións.











