Modificación do horario de recollida de lixo en Monforte polas datas do Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A concellería de Medio Ambiente lembra que os mércores, días 24 e 31 de decembro, o horario habitual da recollida de lixo rexistrará modificacións co obxecto de posibilitar que os traballadores deste servizo poidan pasar a noiteboa e a noitevella na compaña das súas familias.

O horario de recollida de lixo para estes días será o seguinte:

Colocación de cubos: en horario de mañá.

Recollida de cubos: iniciarase ás 15:00 e rematará ás 19:00 horas.

Recollida de cartóns dos comercios: entre as 15:00 e as 19:00 horas

Dende a concellería de Medio Ambiente pídense desculpas polas molestias que poideran ocasionarse e solicítase a colaboración da cidadanía e dos comerciantes á hora de depositar o lixo nun horario excepcional.

O servizo de recollida de lixo retornará ó seu horario habitual os días seguintes destas datas sinaladas.

22 de decembro de 2014 | 11:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.