Medio Ambiente e Servizos de Ferrol acometerá unha segunda fase de instalación de papeleiras coa adquisición de 300 novas unidades
O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Servizos e Medio Ambiente que dirixe Borja Carro Muñoz, realizará un segunda fase de instalación de papeleiras co obxectivo de continuar coa homoxeneización destes elementos e completar a dotación dos barrios da cidade. Ao respecto, Borja Carro informou de que se instalarán 300 novas unidades que se suman ás 560 colocadas o ano pasado en tódolos barrios da cidade e que no caso da Magdalena teñen un deseño propio aprobado por Patrimonio da Xunta de Galicia. Así, compre lembrar que nesa primeira quenda se colocaron 176 novas papeleiras no casco histórico ferrolán e outras 384 no resto de barrios do municipio, ademais de renovarse os colectores de lixo de “quita e pon” da Magdalena coa posta en servizo de 150 nas unidades.
Nesta segunda fase, a colocación de 300 novas papeleiras se distribuirán pola cidade do seguinte xeito: 140 papeleiras no barrio do Ensanche A; 70 en Canido e outras 70 en San Xoán; 8 en Serantes e outras 8 en Esmelle e 4 unidades que se ubicarán na parroquia de Valón. Así as cousas, serán instaladas O deseño destas unidades será o mesmo que se comezou a colocar o pasado ano, o modelo de papeleira de potielileno con capacidade para 50 litros, cinceiro e con varios sistemas de subxección.
O edil de Servizos e Medio Ambiente destacou que ademais de aumentar o número de papeleiras no municipio –hoxe en día hai un 50% máis de papeleiras instaladas que ao principio do presente mandato-, neste proceso estanse a reducir os modelos existentes. Así, neste mandato se terá avanzado considerablemente na homoxeneización deste tipo de mobiliario ao reducir o número de modelos existentes dos que se ocupa a empresa de limpeza dos 18 que había hai tres anos a 4 –ao marxe están as unidades de parques e xardíns, de cuxo mantemento se ocupa outra concesionaria-.
Neste sentido, os catro modelos que na actualidade se reparten polo municipio ferrolán serán: o específico e exclusivo para o barrio da Magdalena acorde cos requisitos que establece Patrimonio, cun deseño en liñas rectas, en aceiro galvanizado de cor gris forxa e con soporte de aceiro inoxidable; o que se continuará instalando nesta segunda fase de colocación de papeleiras que estará presente en barrios como Canido, Ensanche A, Esteiro, San Pablo, San Xoán, Recimil ou parroquias como Valón e Esmelle; o modelo itálico de Caranza e Ultramar; e o modelo da estrada de Castela e Catabois. Ademais, se reubicarán as papeleiras de Amboaxe en Ferrol Vello.











