publicidade hoxe

Maxia contra ciencia en Cerdido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdido
A-
A+

A entidade “A illa d@s nen@s” levará a cabo o espectáculo “Maxia Vs Ciencia”, no que se mestura a maxia e a ciencia dun xeito que se logra interactuar en todo momento co público. Con axuda dunha científica moi locuaz os rapaces e rapazas do CEIP da Barqueira poderán descubrir algúns misterios da ciencia como son as cores, a densidade, as matemáticas, o son, a astronomía e os seus efectos ópticos. Todo isto mestúrase coa aparición dun mago que tentará tirar por terra os experimentos científicos e daralle un toque de humor e diversión ao espectáculo. A actividade levarase a cabo no CEIP da Barqueira a partir das 12:00 horas e conta coa colaboración da Deputación da Coruña e do propio colexio.

4 de decembro de 2014 | 11:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.