Marín organiza un roteiro de visita ó Obsevatorio Astronómico de Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

O primeiro dos roteiros organizados pola Concellería de Cultura vai ser o Observatorio de Cotobade. Será o venres 5 de novembro.

O observatorio ten unha cúpula de catro metros de diámetro e cun telescopio de 40 cm. de diámetro, situado nos montes do concello de Cotobade.

Alí por grupos de 15 persoas levaranse a cabo distintas actividades: observación do ceo de outono a simple vista e recoñecemento das constelacións, nocións de astronomía ou observación do ceo a través do telescopio do observatorio. En total estarese no observatorio algo máis de dúas horas, a partires das 22 h. nas que se iniciaran as actividades, cos membros da Asociación Astronómica Sirio.

A saída será ás 21:00 h. dende a praza de España de Marín, en autobús, e o regreso cara á unha e cuarto da mañá, hora prevista de chegada a Marín.

A organización lembrade que é importante ir ben abrigados, dadas as datas nas que nos atopamos.

Esta saída se suspendería se a predición meteorolóxica fora desfavorable (ceos anubrados). Nese caso se comunicaría por distintas vías: sms, facebook de Anta de Moura e correo e. Buscaríase unha data alternativa para celebrar a visita, xa no mes de xaneiro de 2015.

As incripcions faránse no Museo.

2 de decembro de 2014 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.