Marín desenrola o programa integrado de emprego “Empregamarin”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Por primeira vez, desenrólase en Marín o programa EMPREGAMARIN. Este programa dirixido á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego, contempla a posta en marcha dun plan integral que combinará accións de diversa natureza, tales como información, orientación e asesoramento, formación (no programa formaranse profesionais en Mantemento de embarcacións semirríxidas; Reparacións mixtas composites-madeira; Operacións básicas de restaurante e bar e Caixeiro-repoñedor), práctica laboral, prospección de empresas e intermediación laboral, mobilidade xeográfica ou formación para a igualdade.

O alumnado participante no curso de caixeira/o repoñedor/a pertencente ao Programa Integrado de Emprego EMPREGAMARÍN, organizado polo Concello de Marín e subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar, finalizou a acción formativa e deu comezo ao período de prácticas, que terán unha duración de 70 horas.

O alumnado participante na devandita acción formativa, un total de quince persoas, foi formado para obter unha capacitación no manexo dos terminais de caixa e puntos de venda; procedementos de cobro e pago nas operacións de venda; manipulación de alimentos e prevención de riscos laborais.

A finalidade última do programa integrado de emprego Empregamarín é a de posibilitar a integración laboral de persoas demandantes de emprego con dificultades para acceder a unha ocupación no mercado laboral.

Este programa está coordinado polo concelleiro de Urbanismo e Facenda, Manuel Santos e polo concelleiro de Novas Tecnoloxías e empresa, Ramiro Gestido, sendo xestionado polo Axente de emprego e desenvolvemento local de Marín, Alfredo Montero. O AEDL é un servizo municipal de promoción do desenrolo económico, a creación de emprego, e a formación no ámbito territorial do Concello de Marin

Os obxectivos xerais de funcionamento deste servizo son os seguintes:

Deseño de actuacións que contribuían o desenrolo do territorio, en base ó estudo da evolución e necesidades do mercado laboral.

Difusión das Políticas Activas de Emprego da Xunta de Galicia.

Información sobre os recursos existentes para favorecer o desenrolo local no ámbito municipal, rexional, nacional e comunitario.

Asesoramento a emprendedores sobre os trámites necesarios para a constitución e posta en marcha dun proxecto empresarial.

Acompañamento durante os primeiros anos de vida dos proxectos empresariais asesorados desde a Axencia de Emprego e Desenrolo Local.

Promoción do desenrolo de actividades formativas atendendo ás demandas de empresas e desempregados.

Facilitar a incorporación á vida laboral dos alumnos procedentes de programas formativos organizados polo Concello, e o público en xeral.

5 de decembro de 2014 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.