María do Ceo ofrecerá en Ourense un concerto de Cantigas de Nadal este vernes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOurense
A-
A+

A cantante María do Ceo ofrecerá un concerto de “Cantigas de Nadal” este venres, día 12 de decembro, organizado pola Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ourense. Será ás 20:15 horas, na igrexa de Santa Eufemia. A cantante estará acompañada por catro corais (tres delas subvenís) da nosa cidade: Voces brancas do Orfeón Unión Ourensán, Capela Madrigalista, Voces Xuvenís de San Pío X e Coral Cantares do Miño, de Velle. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

9 de decembro de 2014 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.