María Adánez e Carlos Francino recuperan á Pardo Bazán con “Insolación”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVilagarcía de Arousa
A-
A+

O domingo, 14 de decembro, o Auditorio de Vilagarcía acolle un dos espectáculos teatrais máis interesantes do panorama teatral nacional. Trátase dunha cita moi especial por tratarse da representación de “Insolación”, unha das obras máis polémicas da escritora Galega Emilia Pardo Bazán, que chega xuto no 125 aniversario da súa publicación, e que conta cun impresionante elenco de actores que encabeza María Adánez e que completan Carlos Francino, Chema León e Pepa Rus, a popular “Macu” da serie Aída. Ademais, Vilagarcía será a segunda ciddae de España que acolla a representación que se estrea a nivel nacional so dous días antes en Vigo.

Emilia Pardo Bazán publico “Insolación” en 1889, fai agora 125 anos. O texto, que describe unha fenomemal historia de amor baseada nunha relación da propia autora, e que foi cualificada no seus tempos como “escandalosa” e mesmo “pornográfica”. Este tipo de cualificativos atribuídos dende distintos sectores sociais e poderes da época ao texto de Parzo Bazán, dende o punto de vista actual, asemella que virían máis propiciados pola defensa que a autora fai do dereito da muller a elixir, algo que non se aceptaba a finais do século XIX en España.

María Adánez interpreta a Francisca de Asís Taboada, protagonista de “Insolación” e alter ego de Pardo Bazán. Francisca é a marquesa viúva de Andrade, galega como a autora, e afincada no Madrid de finais do século XIX, onde as tradicións e o conservadorismo da aristocracia e da alta burguesía xeran un clima asfixiante que constriñen os desexos e ilusións dunha dama aínda moza e atractiva que, de súpeto, asume a capacidade de pensar e decidir pola súa conta.

Nos apenas seis días nos que dura a acción, Francisca coñece a Diego Pacheco, un mozo de clase alta con fama de conquistador. Pese a isto, a marquesa viúva déixase seducir por el máis alá do aceptable. Ante isto, a protagonista plantexase o incorrecto do seu proceder e disponse a abandonar un comportamento inconveniente regresando a súa apracible e querida Galicia e, finalmente decide deixar de pregarse á moral sexual da súa contorna. E non se limita a entregarse sen medo ao pracer, senón tamén a capitanear a relación admitindo que un debe intentar ser protagonista da súa propia historia.

Baseada nunha relación real da autora

Insolación interpretouse en numerosas ocasións como unha transposición da apaixonada relación que Emilia Pardo Bazán mantera un ano antes co xornalisa José Lázaro Galdiano, moi semellante á que describe entre Asís y Pacheco. A escritora coñeceu ao célebre xornalista e coleccionista durante a Exposición Universal de Barcelona de1888, e mantivo co el un breve romance, pese a que dende tempo atrás xa tiña unha relación semiclandestina con benito Pérez Galdós.

Venta de entradas

Vilagarcía será pois a segunda cidade de España en acoller a representación de “Insolación” ,unha coidada produción teatral que chega da man de Producciones Faraute, dirixida por Luis Luque e versionada por Pedro Víllora. As entradas pódense adquirir por adianta a través de www.servinova.com ou do teléfono 902 504 500 ao prezo de 15 (zonas A e B) e 12 (zona C) euros (máis custes de xestión. Tamén se poderán comprar o mesmo día da función, na billeteira do Auditorio, a partir das 17.00 horas.

O espectáculo comezará ás 19:00 horas.

10 de decembro de 2014 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.