publicidade hoxe

“Mar e madeira no Vilán” chega a Camariñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCamariñas
A-
A+

O Faro do Cabo Vilán en Camariñas acollerá a inauguración das exposicións de Enrique Tenreiro e Antón Sobral mañá SÁBADO 13 de DECEMBRO ás 12:30h n.

A exposición “Mar e madeira no Vilán” servirá de peche a un 2014 cheo de exposicións e actividades culturais dentro do programa do 80ª Aniversario do Cabo Vilán como Sitio Natural de Interés Nacional visitado no que vai de ano por máis de 52.700 persoas.
 
Con gran forza expresiva, enchen de cores e formas a sala de exposicións do Vilán.  O artistas multidisciplinar Antón Sobral móstranos unha serie de óleos sobre lenzo impregnados coa súa visión particular do mar; Enrique Tenreiro fiel a madeira, expoñe algunas das súas esculturas policromadas e grabados feitos con tallas de madeira.
 
 “Mar e madeira no Vilán” poderase visitar gratuitamente ata o 30 de xaneiro no horario indicado en www.farovilan.com

12 de decembro de 2014 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.