Mar de Caión convoca un concurso de recetas de Nadal a través de Facebook

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha convoca un concurso de receitas do Nadal Mar de Caión, que se levará a cabo a través da rede social Facebook entre as 17.00 horas do 22 de decembro de 2014 e as 23.59 h. do 4 de xaneiro de 2015. Este certame enmárcase na segunda fase do proxecto GAC financiado con fondos europeos “Mar de Caión”, que ten como principal cometido promover e dar a coñecer os recursos relacionados co mundo e a cultura mariñeira e o coidado do ámbito natural de Caión.

A ferramenta escollida para a celebración deste concurso é a rede social Facebook, na que a fan page de Mar de Caión dispón de case 750 seguidores. Co fin de aumentar esta comunidade e afianzar a xa existente, para participar é necesario ser fan da páxina de Facebook Mar de Caión.

Os interesados en participar deberán publicar no muro de Mar de Caión unha foto dun prato preparado acompañado da súa correspondente receita, a base de produtos, técnicas culinarias, tradicións ou calquera referencia a Caión e/ou as súas xentes.

O equipo de xestión da páxina iraas trasladando ao álbum “Concurso de receitas do Nadal/ Concurso de receitas de Nadal “Mar de Caión” e a partir de aí os seguidores da páxina, amigos dos participantes e demais usuarios de Facebook votarán a súa favorita.

A receita que máis votos reciba gozará dunha comida ou cea nun establecemento da rede de hostaleiros “Mar de Caión”.

22 de decembro de 2014 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.