Manuel Tasende Riveiro é o único larachés que alcanza os 100 anos de idade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+
Manuel Tasende

Manuel Tasende

Das case 11.500 persoas que residen actualmente no Concello da Laracha, sete alcanzan o século de vida e soamente unha delas é un varón.

Manuel Tasende Riveiro, veciño do Igrexario da parroquia de Lemaio –en concreto, da coñecida como Casa de Areosa– cumpriu os cen anos de idade e celebrouno coa súa familia e tamén co alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, que en nome da Corporación municipal agasallouno cunha placa conmemorativa.

O señor Manuel Tasende Riveiro atópase nun bo estado de saúde, aínda que no día do seu aniversario non puido estar plenamente activo por causa dunha doenza nunha das súas pernas. Desde hai anos reside co seu fillo Marcelino, a súa nora María del Carmen Molk, a súa consogra Dolores Sande e un dos seus netos, que tamén se chama Manuel Tasende. Conta, en total, con oito fillos, once netos e cinco bisnetos.

9 de decembro de 2014 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.